A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
Esta imaxe corresponde a un domingo pola tarde daqueles anos sesenta. "Como non había onde ir, paseabamos pola carretera, arriba e abaixo, e aínda que había tres tabernas, a de Xusto, a de Sachas e a de Costa, non se podía, por parte das rapazas, entrar nelas nin para tomar un café, pois estaba moi mal visto que unha muller fixera tal cousa. O máis que se podía era mercar uns caramelos. E así eran daquela os costumes e modos de vida" segundo lembra Azucena Trabada.
Na fotografía aparecen, detrás e de pé: Esperancita de Bureira, Isabeliña de Manolo, Anita de Manuel, Esther de Encarnación, Nélida de Eusebio, Esperanciña de María Manuela, Hermelina de Guxín e o neno é Delio de Eusebio. E sentadas, diante: Maruja de Manolo, Pacita de Guxín, Rosa de Clara e Josefa de Núñez
Santa Marta, década de 1960
Arquivo: Azucena de Encarnación