Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Veciños de Galegos no San Pedro Fiz

O San Pedro Fiz celébrase o primeiro domingo de Agosto. A esta festividade achéganse moitos devotos do noso concello. Nesta imaxe de finais dos sesenta aparecen veciños de Galegos nunha merenda a carón do santuario. Están, entre outros: Constantino, Berta e José do Follego, Manolo de Manuel do Follego, Fina do Relo, Isabel Ferreiro, Virginia (nai de Isabel Ferreiro), Arsenio da Casa do Mairazo e Lidia de Lombardero. A foto foi sacada por Jesús Lombardero da Pontenova

San Pedro Fiz, Vilarmide (A Pontenova), 1969

Etiquetas: Merendas , San Pedro Fiz

Arquivo: Consuelo Fernández Couso

Fotógrafo: Lombardero