Riotorto no tempo

O traballo

O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Villada de Aldurfe

O pasado día 11 de xaneiro, chegounos a mala nova do falecemento de Manuel Villada García (Villada de Aldurfe), un dos fotógrafos protagonistas de Riotorto no Tempo. Coa publicación dunha das súas fotos, a Asociación Arrincadeira quere renderlle unha pequena homenaxe agradecendo a súa labor e toda a axuda que nos ofreceron, tanto el coma a súa familia, desde o momento en que iniciamos este proxecto. Na imaxe aparece xunto con parte da súa familia, entre os que se atopan Cuque e Tito de Alejandro, Pepe do Rego, Pepe de Xirómeno e Mino, facendo un descando na súa labor de afiadores en Carboeiro, lugar natal de Manuel Villada

Carboeiro (Espasande de Baixo), década de 1960

Etiquetas: Ferreiros, Fotografía

Arquivo: Toño do Rego