Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.
2010-02-28 23:27:22
O neno e toño do bello
2010-03-01 21:29:09
Grazas Toño. Correximos a descripción
Dolores de Candaede e Julio de Varela da Aguarda celebraron a voda na igrexa vella de Santa Marta de Meilán. Esta igrexa foi substituída anos máis tarde pola que hoxe coñecemos. A foto está sacada nun pequeno souto que habia a carón do templo. O cura que oficiou a cerimonia foi José Rivas, da casa do Roxo de Ferreiravella. O resto das persoas son de Espasande de Riba e da Aguarda. Na primeira escaleira e pola esquerda, en terceira posición, aparece Hortensia de Firmo de Espasande de Riba e a continuación Irene de Xuana (nai de Marité de Valverde), Pura de Firmo (nai de Azucena de Cachán da Veiga), María de Ánxel (nai de Xilo, Jorge, Luciano, Horacio...), Baselisa do Sabelo e a súa irmá Claudina da Aldea. Xunto a elas están Gerardo de Varela, Pedro de Candaede (pai de Agustín) e na esquina Emeterio de Varela. Arriba de todo, diante da árbore, con muletas, está José de Xuana (o pai de Abelardo e Irene). O neno é Toño do Vello
Santa Marta de Meilán, década de 1940
Etiquetas: Cura
Arquivo: Eugenio de Baltasar