A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
Nunha das primeiras celebracións do San Pedro despois da guerra aparecen varias mozas con cintas bordadas co seu nome subidas no palco da festa. As cintas formaban parte dun xogo consistente en colocalas sobre un arame colgado en alto entre dúas casas da praza. As cintas levaban un anel. Os mozos solteiros pasaban nunha bicicleta, sen parar, por debaixo do arame e cun punzón intentaban levar a cinta de recordo. O palco de madeira foi feito por Rosende de Rodil e as mozas que aparecen na foto son: Carmen de Villada, Tita de Valente, Maruja de Muíña, Alicia do Frasio, Alicita de Carballeira, Anita do Frasio e Elisa de Muíña. Entre os rapaces que se atopan no primeiro plano están Manolo de Nuca, Amando de Xalán e o Lilailo de Rececende. Jesús de Valente, membro da banda de música, aparece o lado das mozas
As Rodrigas, 1943
Arquivo: Chelo da Carnicería