Riotorto no tempo

Como enviar material

Ti tamén podes colaborar no medre deste arquivo. Se dispós dalgunha foto que consideres que pode ser de interese non tes máis que facérnola chegar a través da conta de correo electrónico riotortonotempo@gmail.com ou ben póndote en contacto con calquera membro da directiva da Asociación Arrincadeira.

Se as fotos están en formato electrónico deben ter unha calidade mínima para ser vistas a través dun monitor de ordenador. Unha resolución típica sería 1280x768. Se a foto a tes en papel e non dispós dun medio para dixitalizala, non te preocupes, nós encargarémonos de facelo.

Sempre é de agradecer que poidas aportar o maior número de datos referentes a fotografía, como por exemplo: o sitio e o ano en que foi sacada, qué fotógrafo a realizou, quen é o propietario da fotografía e calquera outro dato de interese.

Non esquezas que o arquivo fotografico "Riotorto no tempo" perténcenos a todos, e por iso entre todos o imos construír.