Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
"Boas Pascuas e feitizador Ano Novo vos acompañe" Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

azucena

2014-09-15 19:45:11

Hernán parrandeiro e cultivado na vida do seu mais próximo. Xeneroso e gran vividor.

Máis imaxes

"Boas Pascuas e feitizador Ano Novo vos acompañe"

Postal de felicitación enviada no Nadal do ano 1971 polo cura das parroquias de Santa Marta de Meilán e A Muxueira, Hernán Villarino Leivas. É salientable o emprego da lingua propia do noso país por parte de "Don Hernán", naqueles anos de profunda represión lingüística. O texto corresponde a un verso do poema “A espiña d'o verde toxo” que o mindoniense Antonio Noriega Varela escribe para a pintora Xulia Minguillón, publicado na edición do ano 1946 do poemario "D'o Ermo"

Santa Marta de Meilán, 1971

Etiquetas: Nadal

Arquivo: Casa de Potes