Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

En Carboeiro polo Rosario

O Rosario, que se celebra o 7 de outubro, é unha das festas principais de Espasande de Baixo, xunto co San Bartolo. A Virxe do Rosario é a patroa da parroquia, mentres que o culto a San Bartolo probablemente foi introducido polos ferreiros (este santo soe representarse cun coitelo na man). Tamén se celebra unha misa o día de Santa Bárbara, cuxa veneración se debe ás minas que houbo nesta parroquia no século XIX.

Nesta foto tomada en Carboeiro o día do Rosario de 1972 aparecen Manolo do Xirómeno, César de Darío, Jano de Cuque, Nino de Félix e Toño do Rego.

En Carboeiro parte das casas pertencen a Espasande de Baixo, celebrando por tanto o Rosario, son concretamente a do Guardia, a de Cuque, a do Xirómeno e a de Mino. As outras casas (a de Arcadio e a do Frade) pertencen á parroquia de Riotorto

Carboeiro (Espasande de Baixo), 1972

Arquivo: Gloria de Darío