Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Inauguración do campo municipal de fútbol

O "Día da provincia", celebrado en Riotorto o 18 de setembro do 1977, inaugurouse o campo do Chao da Cruz cun partido entre o Riotorto e o Lourenzá. Na fila de autoridades aparecen: Miguel Anxo Araúxo (bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol), Francisco Hernández Macarro (alcalde de Riotorto), Antonio Carro (secretario xeral técnico do Ministerio da Gobernación), Eduardo del Río (gobernador civil) e Benjamín Casal (deputado). O xogador que recolle o trofeo é Pepe do Lelo. Entre o público podemos ver, entre outros, ó recordado José Manuel da taberna da Muxueira, que tantos anos axudou nos labores do campo

O Chao da Cruz (A Muxueira), 1977

Etiquetas: Fútbol, Alcalde

Arquivo: Casa do Veterinario