Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Mar Mourelle

2013-02-19 14:42:40

Penso que é Lito de larpadela, o meu pai, o primeiro pola esquerda que leva o gaban e ten a man esquerda no bolsiño dos pantalons,encántame

Máis imaxes

Procesión da Inmaculada

O Pucheiro, Ramón de Benitín, Paco do Carrolo e Jesús de Cornide portan a imaxe da Virxe saíndo da Casa do Concello, o 1 de maio de 1949. No contexto da Misión organizada na parroquia de Riotorto polos xesuítas, a Virxe era custodiada nunha casa cada un dos días que duraba a novena. Ó fondo da fotografía, onde hoxe está a casa de Abadín, estaba daquela a de Manuela de Carlos, costureira e célebre muller que Álvaro Cunqueiro nomeou e inmortalizou no seu libro "Merlín e Familia". Na fotografía podemos vela asomada á ventá

As Rodrigas, 1949

Etiquetas: Misión, Álvaro Cunqueiro

Arquivo: Ofelia de Cariños

Fotógrafo: Teodoro