Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Vanesa

2010-09-14 12:00:46

Seguindo de esquerda a dereita os catro que están de pé que identificades como de Galegos son: Jose do Nel (Veiga de Galegos), Carlos de Cosme (Galegos), Jose Manuel Gomez (este é meu pai, supoño que lle podedes poñer Manolo da Rebordela) e Luciano de Macón (Vilarquide).

Eloi

2010-09-14 13:21:34

Grazas pola información Vanesa, procedemos a incluíla na descrición da foto. Os da fila de abaixo sabes quen son? O 3º e o 4º (empezando pola esquerda) son de Galegos, e o 6º non sabemos quen é

rosa

2012-09-22 16:03:48

o sexto é Jose Neira Uz, (Augaxosa).

Máis imaxes

Quintos do oitenta

Lombardero de Meira retratou ós quintos de Riotorto o día da medición. De pé, de esquerda a dereita: Suso de Castrín (A Muxueira), Juan Carlos de Cuque (Carboeiro), Beni do Xatón (O Mazo, Espasande de Baixo), Lorenzo, Xosé Antonio, José do Nel (A Veiga de Galegos), Carlos de Cosme (Galegos), Manolo da Rebordela e Luciano de Macón (Vilarquide). Agachados: Rico da Órrea, Mandi do Lelo (O Mazo, Ferreiravella), dous rapaces de Galegos, Rubén de San Pedro e José Neira Uz da Augaxosa. A rapaza que esta diante chámase María Jesús e estudara con eles no colexio

Meira, 1980

Etiquetas: Mili

Arquivo: Mandi do Lelo