A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
2009-10-30 16:16:02
O que está entre Roi e Borja penso que é o fillo de Murado da Groba, e a que está detrás de Paco Martín penso que é Andrea do Caminero
2009-10-31 16:01:42
A do pelo largo de xersei vermello e verde é Bea (do Manolo) e a dereita de todo é a bibliotecaria que tiñamos naquel tempo, chamábase Tareixa, según creo recordar
2009-11-07 15:41:28
O que está en 1º plano, diante de Roi é "Luigi". A foto creo que é do curso 1996-1997.Se consigo aproximar máis a data xa o comunicarei.
2009-12-15 13:17:57
Eu creo que a que esta o lado de Bea do Manolo e miña irma Tania.
2009-12-19 22:39:53
jajajaja, menudo par de dous...
Na biblioteca pública descubrimos o pracer de ler. As aventuras de Astérix o Galo, a colección de contos de Tintín, os Cinco de Enid Blyton, os Dumbo ou as novelas de Agatha Christie marcaron as infancias de moitos nenos. Unha vez rematado o franquismo, durante o cal a imposición cultural do castelán foi abafante, o galego empezou a facerse un oco nos andeis. A narrativa infantil galega experimentou un grande pulo con autores tan reseñados como o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil no ano 1986, o lucense Paco Martín. Na foto vemos ó escritor firmando libros na biblioteca en presenza de José Luis, Roi, Abel, Borja, Andrea, Cristina e Bea
As Rodrigas, década de 1990
Arquivo: Casa de Potes