Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

fede

2009-09-30 15:28:13

Lembro este día. Medíunos D. Luís Cerecedo, médico municipal que tomou nota das nosas alegacións, cousa que fixemos acordado previamentea co fin de poder xuntarnos outra día en Lugo diante do tribunal militar: pés planos, enfermedades... Despóis fomos á feira da Ponte comprar o galo para regalarlle á corporación na comida que ofrecían tradicinalmente ós quintos. Tomamos os viños, comemos en casa de Visita, seguimos bebendo e fomos ao fútbol ó Chao da Cruz ver ó Riotorto: continuaba a festa... Esta foto foi feita por Pepe de García, membro da corporación naqueles intres. Meses despois vólvemos a xuntarnos en Lugo diante do tribunal militar para resolver as alegacións presentadas: outro día de festa. Epílogo: algúns de nós (non sei cantos) non fixemos a mili: excedentes de cupo, prórrogas de estudos e obxetores de conciencia...

Xosé López Fernández De Noriega

2010-01-16 21:13:14

Esta é unha páxina das que nos gostan ós de Noriega. Mil parabéns máis... Nesta foto coñezo xa fai moitos anos ao segundo dos que están de pe escomezando pola esquerda asegún se olla de fronte o retrato. Traballamos xuntos e é un dos máis grandes amigos que teño en Riotorto. Chámase Jose García Bello. Tamén coñezo a Julio Vázquez Jacob e á súa dona, que é o carteiro i a outro que se chama Quico que nos ofrecía coches usados e diversa maquinaria. Para todos os de Riotorto unha garimosa aperta, que os de Noriega fai moitos anos tamén estivemos vinculados ás xentes de Riotorto. A nodriza que criou a A. Noriega Varela era de Santa Marta de Meilán. Dende eiquí para o sabido, garimoso e vertudeiro Josiño unha forte aperta. Pepe de Noriega Mondañedo

Eloi

2009-10-06 23:14:57

Grazas pola información, Fede. Sabes os nomes dos que saen na foto?

Rubén Carballal

2010-03-29 23:16:40

De pé de izq. a d. Castro de Santalla, ¿?, Manolo de Val, Macía, Luciano, Carlos, Fede e Ricardo de Cristina. Agachados de izq. a d. José Mari, Carlos Cortón e o último que é Isaac de Muxueira. Certo? ¿ quen son os que me faltan?

arrincadeira

2010-03-30 09:18:57

O que está a esquerda de Manolo de Val é José Manuel do Louro de Ferreiravella. E agachados e a dereita de Carlos Cortón están: Horacio de Luciano, Roberto Cortón, Higinio, Luis da Orrea, Ricardo e Isaac da Muxueira

Mar Mourelle

2013-02-20 11:26:13

Fede, lémbrome de cando salías con Gelucho o meu irmán a parrandear

Máis imaxes

A medición dos quintos

Durante o século XX o servizo militar no exército español foi obrigatorio para todos os mozos. A medición dos quintos era o primeiro trámite antes da incorporación a filas. Os quintos do ano 1982 retratáronse diante do Concello, antes da tradicional comida na casa de Visita

As Rodrigas, 1982

Etiquetas: Mili

Arquivo: Federico Gutiérrez