Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.
Nunha procesión das festas do San Bartolo, pódese ver a imaxe de Santa Bárbara, patroa dos mineiros, tallada por Manuel Gavín Gallo. Esta imaxe é unha das máis fieis testemuñas do pasado mineiro destas terras. Levando a imaxe están, diante, Gervasio de Nicasio e Generoso de Colás, e detrás Manolo de Viñavella. Ó fondo pode verse a casa de Leivas, que actualmente é de Josefiña de Ramón, viúva de Aladino de Gallo. A igrexa aínda conservaba as escaleiras por fóra
A Ermida (Espasande de Baixo), década de 1960
Etiquetas: San Bartolo
Arquivo: Rubén Bouso Gallo