Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Acción da "Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto" Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Eloi

2009-11-12 16:11:12

O presidente é Eduardo Blanco, de Aldurfe, e o tesoureiro é Luis Santomé, non Elías

Eloi

2009-11-18 16:21:21

Máis información, sacada de "El Agricultor". O tesoureiro era Luis Santomé (ou López-Santomé) Moirón, tío de Elías Santomé (director de "El Agricultor") e avó de Maruja de Muíña

Máis imaxes

Acción da "Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto"

A "Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto" creouse en 1907 e foi a primeira agrupación na provincia de Lugo do influínte movemento agrarista. Conformábana principalmente campesiños acomodados (labradores con propiedades) e mozos estudados. Apoiábana tamén emigrantes en América. A súa acción pretendía a rexeneración social e a defensa da economía agraria enfrontándose ó poder establecido detentado polo caciquismo. O órgano de difusión da sociedade foi a revista "El Agricultor". O seu domicilio social estaba no terreo que ocupa hoxe a igrexa de Riotorto nas Rodrigas. Na imaxe aparece unha acción emitida pola sociedade, para a adquisición deste terreo, a nome de Manuel Fernández (Manuel de Cariños). Asinan como presidente Eduardo Blanco, de Aldurfe; como secretario Venancio Gavín; e como tesoureiro Luis Santomé, tío de Elías Santomé, director de "El Agricultor"

As Rodrigas, 1908

Etiquetas: Agrarismo

Arquivo: Ofelia de Cariños