
O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.
Manuel de Cariños emigrou a Cuba no ano 1919. De volta trouxo consigo este álbum con estampiñas de personaxes famosas daquela época, principalmente do cine mudo americano, como Harold Lloyd, Lon Chaney ou Mary Pickford
Cuba, década de 1920
Etiquetas: Emigración
Arquivo: Ofelia de Cariños