Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Candidatura de Francisco Hernández Macarro nas municipais de 1979 Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Candidatura de Francisco Hernández Macarro nas municipais de 1979

Carta enviada polo veterinario Francisco Hernández Macarro ós veciños de Riotorto, pedíndolles o voto para a candidatura por el encabezada, nas primeiras eleccións municipais logo da morte do ditador Francisco Franco Bahamonde. Celebráronse o 3 de abril de 1979, conseguindo a victoria esta candidatura con 1385 votos (84,55 por cento) e 10 concelleiros na nova corporación.

Na imaxe relacionada vemos a presentación dos demais membros da lista, que o Veterinario redactou co seu peculiar estilo.

A candidatura independente representaba a continuidade do poder establecido, xa que Francisco Hernández Macarro era alcalde dende o ano 1973, cando substituiu a Wenceslao Besteiro Fórneas

As Rodrigas, 1979

Etiquetas: Alcalde

Arquivo: Chelo da Carnicería