Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

toño do mazo

2011-06-15 22:03:49

non e Carmen do Mazo, si non, miña avoa Josefiña do Mazo

arrincadeira

2011-06-15 22:43:33

Grazas Toño. Correximos

Máis imaxes

Cunqueiro e familia (II)

A infancia de Álvaro Cunqueiro transcorreu de vagar entre Riotorto e Mondoñedo. Á rica tradición oral coa que se familiarizara na rebotica do seu pai hai que engadirlle a que adquiriu nas longas estadías que pasou en Cachán, na casa da súa familia materna. Recoñéceo Cunqueiro nunha entrevista concedida a Michael Queyja para a revista Grial, no ano 1980: "Eu na casa de meus abós en Riotorto, que é unha zona montañosa e arcaica, ouvía as historias durante esas noites longas e puiden adequerir certa habelencia para contar. No meu Merlín digo unha cousa que conta ún nas historias, como hai que as adobar como os guisos ou as comidas."

Na fotografía aparece Cunqueiro no pazo de Cachán con parte da súa familia de Riotorto: Pilar Moirón, Cándida Cabanas (a dona de Jose María Moirón e irmá do Caldeireiro ), Álvaro Cunqueiro, Aurora Moirón, José María Moirón e Josefiña do Mazo (nai de Carmiña)

Cachán (Riotorto), década de 1970

Etiquetas: Álvaro Cunqueiro

Arquivo: Aurora Moirón