A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.
A foto corresponde a un día de praia no mes de agosto, en San Cosme de Barreiros. Na ringleira de detrás: Germán de Ramón, Pepe e Azucena Mazón, Mari Nieves do Queitano, Pepita e Blanca, e Nicasio de Lorigados. Sentados: Ana e Lita de Soutelo, Guillermina, María Inés e Celo de Nicasio. No centro: Modesto de García, Daniel e Milia de Baltasar (Espasande de Riba), Toñito do Mazo e Marité de Valverde
San Cosme de Barreiros, 1967
Etiquetas: Praia
Arquivo: Azucena Mazón