Riotorto no tempo

Lecer

A pesar dos moitos traballos, tamén había tempo para o lecer: festas, merendas, romarías, ou simplemente momentos dos que dispuña a xente para xuntarse e divertirse.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

arrincadeira

2009-11-18 09:30:16

Grazas. Completamos a descripción. Só falta saber quen e o segundo pola esquerda (abaixo)

Eva

2009-11-18 13:30:27

Penso que é Albino de Aldurfe o segundo de abaixo, pero non o sei seguro.

Eloi

2009-11-19 15:36:56

Grazas, Eva. Debe ser el, sae noutra foto da época. Engado a información que teño eu: A temporada 1978-79 foi a primeira do Riotorto CF como equipo federado. Competiu no grupo VII de Segunda Rexional, quedando último nun grupo de 12 equipos. Os seus rivais foron, por orde de clasificación: Foz (ascendeu), Rábade, Santaballés, Racing Villalbés, Mindoniense, Lugo Atlético, Guitiriz, Burela, Becerreá, Valle de Oro (Valadouro) e Cillero (Celeiro). Na seguinte temporada xogou tamén en segunda, e na 80-81 acadou o ascenso á Primeira Rexional (hoxe Primeira Autonómica), categoría na que seguiu militando ininterrompidamente ata o día de hoxe.

toño do mazo

2009-11-29 17:53:25

o porteiro e SEBO de santa marta.

arrincadeira

2009-11-29 20:40:36

Entón está mal na descripción, non é Cesar. Xa o correximos. Grazas Toño

Máis imaxes

Primeira aliñación no Chao da Cruz

O 18 de setembro do 1977, inaugurouse o campo municipal do Chao da Cruz cun partido entre o Riotorto e o Lourenzá. A aliñación do Riotorto foi a seguinte. De pé: Sebo de Santa Marta, o porteiro, Xusto do Cachapelo, Potes, Horacio, o Carballés, Venancio do Garabeño, Roberto e Daniel. Agachados: Titó, Albino de Aldurfe, Sachas, Pepe do Lourín, Pepe do Lelo e Toño do Gas. O Lourenzá gañou por tres goles a un

O Chao da Cruz (A Muxueira), 1977

Etiquetas: Fútbol

Arquivo: Catalina do Mazo

Fotógrafo: O Queitano