Riotorto no tempo

Patrimonio

O patrimonio é o legado que recibimos do pasado e que debemos coidar no presente para poder trasmitirllo ás futuras xeracións. Nesta sección ten cabida todo o relacionado co rico patrimonio de Riotorto. Etnografía, arquitectura popular e relixiosa, documentación histórica e todo o que nos poida axudar a coñecer un pouco mellor a nosa historia.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Selos do fotógrafo Teodoro Enríquez Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Máis imaxes

Selos do fotógrafo Teodoro Enríquez

Este selo empregábao para as ampliacións, que normalmente se encargaban a centros especializados, que mediante as fotos que se lles enviaban compoñían un cadro retocado. Aparece tamén o cruño de "Reportajes Sáez" de Ribadeo, que era onde habitualmente revelaba. Na imaxe relacionada pódese ver o selo coa inscrición "Teodoro Enríquez - Fotógrafo - Riotorto (Lugo)", co que marcaba as súas fotografías

Chacín, 1947

Etiquetas: Fotografía

Arquivo: Asociación Cultural Arrincadeira