Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Voda de Pepe do Queitano

Imaxe correspondente á voda de Pepe do Queitano e Dolores do Fidalgo, cando se dirixían á comida que se celebrou na casa de Visita, que tiña fama de boa cociñeira, sendo moi populares os seus callos, entre outros pratos. Na foto, á esquerda dos noivos, podemos ver a Concha do Queitano (nai do noivo) e Toño do Fidalgo (pai da noiva), e á esquerda deles, o cura don Vicente. Máis á esquerda, un Seat 1500, cremos que é o de Manolo de Nuca, e detrás o autobús de Joseíto do Louro. Na parte dereita da foto, podemos ver a Manolo do Abelleiro e Ana do Treso. Pepe e Dolores, hoxe residentes en Vigo, tiveron dous fillos: Fernando e María Dolores. Fernando, coñecido como "Gonzo", é xornalista, foi reporteiro do programa “Caiga Quien Caiga” e presentador de “Fiestra Cultural”, “El Método Gonzo” e “Caixa Negra”; actualmente colabora en "El Intermedio". Pepe é fillo do fotógrafo Manolo do Queitano, autor da foto

As Rodrigas, 1972

Arquivo: Casa do Carrancho

Fotógrafo: O Queitano