Riotorto no tempo

Paisaxes e retratos

Nas paisaxes vemos como foi cambiando Riotorto ó longo do tempo. Por outra banda, a fotografía era moitas veces a única maneira de coñecer a familiares nados na emigración e tamén dalos a coñecer a aqueles veciños que por motivos económicos tiveron que marchar buscar a vida noutras terras.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Máis imaxes

Casaríos no Chao da Veiga

Esta imaxe do Chao da Veiga está datada nos anos vinte e aparece na publicación "Sociedad Mondoñedo y distritos". Na foto apréciase o casarío de Rigueiro, que por aquel entón foi mercado por Federico García Estoa e Antonia Leivas a Francisco Piñeyro y Diago -conde de Canillas e veciño da Coruña, emparentado cos marqueses de Bendaña-, ó igual que o do Roxo; as casas dos Bermúdez (de Antón e de Eugenio), o casarío de Coto de Trabada (onde vivíu ata fai pouco tempo a familia dos Nieto), o casarío do Roxo e tamén o de Primitivo Rancaño (onde hoxe vive a familia Campón)

A Veiga (Riotorto), década de 1920

Etiquetas: Sociedad Mondoñedo y Distritos

Arquivo: Asociación Cultural Arrincadeira