Riotorto no tempo

A escola

Nas escolas rurais transcurriu unha parte importante da nosa infancia. Estas fotos amósannos ós nenos e mailos mestres no seu labor de ensinar. Logo, os máis afortunados continuaban a súa formación no instituto ou no seminario.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar
Excursión de nenos do colexio a Lugo Imprimir | Ampliar

Imaxes relacionadas:

Comentarios

Goretti

2009-11-28 11:37:18

Oh!! eu nunca vira esta foto nin me acordaba de tal excursión, somos os do ano 1979, ainda que aparece algún que non é do ano.Fila de arriba e de esquerda a dereita: Pepe Bouso, Mª José Basanta, ( o de espaldas, supoño que será Iván Trabadelo que é o único que falta),Óscar García, Javier, Manolo Lorido,Emma Aenlle, Ramón Glez Chavarría. Abaixo: Mercedes Fernández Moiron, Luis Rancaño,Matilde, Goretti Gavín, Verónica Rguez Gavín, Felicitas (ela non é do noso ano),Mónica Murado, Sonia Otero, Juan Antonio Bouso e Nines Martinez

arrincadeira

2009-11-28 16:05:01

Podes consultar outra imaxe do mesmo día na zona de imaxes relacionadas xusto encima dos comentarios na páxina da foto.

Eloi

2009-11-30 16:11:08

Na outra foto, aparte dos que cita Goretti, están, de pé: Raúl de Bureira (á esquerda de todo), David de Paquita (entre Pepe e Ramón), Luis do Xastre de Aldurfe (con xersei amarelo) e Víctor do Xeixo de Aldurfe (detrás de Felicitas). Sentados: Luis Rancaño, Javier Linares (da Órrea), Juan Antonio Bouso, Juan José Fiallega (O Pereno), Javier de Gabelo e José Lorigados (Pastilla). A que identificas como María José Basanta, refíreste á filla de José Luis de Eirredondo? Se é así, non é ela, é do 81, ademais non se parece, eu penso que podería ser Vanessa Lorido de Santalla

Goretti

2009-11-30 22:27:26

María Jose ( é da Moxoeira) e do noso ano Vanessa e máis nova,somos os do ano 79 e 78 máis algun repetidor, cursabamos primeiro e segundo de E.X.B. Na foto tamén se ve, arriba á esquerda medio escondidos, Juan Manuel (do Manolo), Oriol e José Ramón (de nieto), o que se ve por atrás entre Felicitas e Venancio da Buliqueira, penso que debe de ser Ivan Trabadelo, pois non aparece na foto e o que está ó lado e só se lle ve o pico da cabeza e algo os ollos é Oscar Garcia (o de Orrea), tamén está Miguel Pol ó lado de Sonia Otero

Máis imaxes

Excursión de nenos do colexio a Lugo

No curso escolar 1985-1986 os nenos do colexio público de Riotorto do 1º e 2º nivel da desaparecida Educación Xeral Básica (E.X.B.) foron de excursión á cidade de Lugo. Nas fotos aparece a mestra Maruja cos nenos na estación do tren e nunha instalación deportiva da cidade

Lugo, 1986

Arquivo: Paz López Teijo e Ramón Comendeiro