Riotorto no tempo

Cerimonias

Fotografías de procesións, vodas, enterros ou das "santas misións" son mostra da importancia que a relixión tivo na vida do noso pobo.

Ver todas Buscar por: DataTagsLugar

Comentarios

Eloi

2010-12-20 11:42:35

Aproveitamos esta foto na que aparece a Cruz dos Caídos para publicar a lista dos veciños de Riotorto falecidos na Guerra Civil (1936-1939) que aparecía nesa cruz, a ver se podedes axudarnos a identificar de qué casa era cada un:

Cándido Alonso Tojal
Víctor Álvarez Moirón – Casa de Rodil (?)
José Bouso Balseiro
Amadeo Bouso Balseiro
Teodoro Bouso Basanta – Casa do Rabeno, Santalla
Rosendo Castañal Fernández
Manuel Carreiras Leivas
Albino Castro Moirón
Jesús Chavarría García – Casa do Xordo, Espasande de Riba
Antonio Fernández Canela
Gumersindo Fernández Couso
José Fernández Pol – Casa do Xatón, Soutelo (Ferreiravella)
Víctor Fernández Mel
Víctor Fojaca García – Casa do Treso, Espasande de Baixo
Inocencio Geada Castro
Manuel González García
Antonio González González
Gumersindo González Lamas
José Goyos Tojal – Casa do Vaquillo, Espasande de Riba
Argimiro Gutiérrez Castrillón
Daniel Leivas Bouso
Ceferino Lodos Valiña
Ramón López
José Loureiro Lago – O Machín (Santa Marta de Meilán)
José Pérez Uz
Inocencio Ramallal Pérez
Antonio Rico Fernández
Dositeo Rico Fernández
José Rodríguez Leivas
Manuel Tojal Méndez – Casa de Mateo, Espasande de Riba
Gervasio Trevín Trella (Tella?)

Na Cruz dos Caídos aparecían só os nomes dos mortos do bando nacional. No bando republicano, sabemos dun veciño de Riotorto falecido:

Ezequiel González Ginzo – Casa do Sabelo, Riotorto

José Loureiro Lopez

2011-01-30 21:46:07

podo identificar a Jose Loureiro Lago era irman do meo pai Abelardo do machin

Eloi

2011-01-31 12:06:31

Grazas pola información, José. Podesme dicir o nome da casa?

José Loureiro López

2011-01-31 14:12:53

Teodoro Bouso Basanta era de santalla da casa do rabeno

Xulio Pardo de Neyra

2016-02-10 22:36:11

O meu tío Gumersindo Fernández Couso (da casa de Luís), non morreu na guerra civil. Morreu na guerra de Cuba

Máis imaxes

Festas do San Pedro de 1954

Procesión do San Pedro do ano 1954. Pódese ver a Cruz dos Caídos aínda na praza. Aparecen, entre outros: Edelmiro de Canto, Murias, o Pucheiro, Nivardo, Pepe de Julio, Milio do Roxo... Portando a imaxe do Corazón de Xesús, por diante, Tasio de Fontes e Cheno de Bastián. Tamén se ve a Adolfo da Serradora e ó fondo o cura don Antonio. Os homes ían por unha banda e as mulleres pola outra, como era norma en todas as cerimonias relixiosas

As Rodrigas, 1954

Etiquetas: Festa do San Pedro, Cruz dos Caídos

Arquivo: Tasio de Fontes