
O traballo ocupaba a maior parte do tempo dos nosos devanceiros; os labores do campo marcaron gran parte da actividade dos veciños de Riotorto. Fotografías da sega ou das mallas son testemuñas dun pobo traballador e solidario.
2010-02-01 15:08:59
O segundo pola dereita penso que é Treitas de Chacín, recentemente falecido. Por outra parte, na máquina parece que pón "Santa Marta - Riotorto"
2010-03-09 19:22:32
Temos os nomes da xente que sae nesta foto. Empezando pola parte inferior, diante da máquina e de esquerda a dereita: Celina de Outeiro, Pilar de Agustín, Jovita de Carballeira, detrás dela Josefa de Telesforo, e detrás, co pano na cabeza, José de Carballeira, á dereita Treitas e Angelito do Galo. Detrás da máquina: Maruja de Xulián, Rosario de Carballeira (?) e Venancio de Colás (?). O de detrás deles pensamos que é Toño da Veigalonga (pai de Daniel o taxista). Os que están enriba da meda pensamos que son os de Durán da Granda (pai e fillo). A malla foi na casa de Avelino de Durán, e o dono da máquina era o Buliqueiro. Esta información foi proporcionada por Durán da Granda.
2010-03-22 00:12:37
Eloi eu creo que estan algus nomes mal, por exemplo o que esta no palleiro non e o pai de Daniel senon Agostin de mor e a muller da limpiadora e Seita de rafael de val e o outro e Dositeo do galo "chao"
2010-03-31 11:18:20
Ola Daniel, grazas polas correccións, entón a descrición polo que me dis quedaría así: "Empezando pola parte inferior, diante da máquina e de esquerda a dereita: Celina de Outeiro, Pilar de Agustín, Jovita de Carballeira, detrás dela Josefa de Telesforo, e detrás, co pano na cabeza, José de Carballeira, á dereita Treitas e Angelito do Galo. Xunto á máquina: Seíta de Rafael de Val, Dositeo do Galo e Venancio de Colás (?). O de detrás deles é Agustín de Mor. Os que están enriba da meda pensamos que son os de Durán da Granda (pai e fillo). A malla foi na casa de Avelino de Durán, e o dono da máquina era o Buliqueiro"
2010-12-23 19:54:08
Teis os siguentes erros-- xunto á maquina , Maruja de xolian, Dositeo do Galo e josé Luis de Durán, o resto ta ben según dí Eloi o 31/03/2010 Saudos
2010-12-29 19:30:59
Grazas polo comentario, Xabier. Actualizamos os datos na descrición da foto
A malla do trigo era tamén unha festa. Os veciños xuntábanse en torno á aira para facer o traballo de separar a palla do grao. Nesta imaxe aparecen varios veciños de Chacín durante unha malla, aló polos anos sesenta. Empezando pola parte inferior, diante da máquina e de esquerda a dereita: Celina de Outeiro, Pilar de Agustín, Jovita de Carballeira, detrás dela Josefa de Telesforo, e detrás, co pano na cabeza, José de Carballeira, á dereita Treitas e Angelito do Galo. Xunto á maquina: Maruja de Xulián, Dositeo do Galo e José Luis de Durán. O de detrás deles é Agustín de Mor. Os que están enriba da meda pensamos que son os de Durán da Granda (pai e fillo). A malla foi na casa de Avelino de Durán, e o dono da máquina era o Buliqueiro
Chacín, década de 1960
Etiquetas: Malla
Arquivo: Casa de Teodoro de Chacín
Fotógrafo: Teodoro