Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 12 de 71 | Anterior1 ...78910111213141516... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2012-06-01 14:26:10

Na foto aparece Anita do Lourín co seu home, Suso Cortón, natural de Cirio (Pol), e mailo seu fillo Pepín do Lourín, tamén coñecido como Baldo (Xosé Baldomero Cortón Cabo). Seu pai púxolle Baldomero de segundo nome na honra dun amigo co que traballou cando foi camioneiro, nunha obra nas Rodrigas. Logo emigrou nos anos 60 a Barcelona, traballando de condutor do bus urbano, retornando máis tarde a Meira, onde abriu unha autoescola. Anita traballou de peiteadora nas Rodrigas antes de viaxar a Ribadeo coa súa "tita" Visitación Cabo. Finalmente montaría un coñecido salón de peiteado en Lugo

OK, grazas

Azu fixo un novo comentario 2012-05-22 11:53:17

José García Castro é natural de Arzúa (A Coruña), hai xente na foto que é familia súa procedente desta localidade coruñesa.

Subiuse unha nova foto 2012-05-21 22:02:22

Polo monte da Pena do Porco, límite natural dos concellos de Riotorto e Lourenzá, pasa o que chaman "camín real", que unía a Augaxosa coa cidade de Mondoñedo. No medio do camiño atópase un enorme penedo que, segúndo nos conta a lenda, levou ata alí unha señorita de Mondoñedo na cabeza, empregando como rodela a capa dun muíño, e foi todo o tempo comendo zamelos. Outra lenda di que o nome da pedra débese a que as señoritas que viñan á feira da Augaxosa cargadas coas cestas, pousábanas na pedra para poder descansar.
Na foto aparecen Lao, Toto, Carlos e Virgilia enriba da Pedra da Señorita

Grazas unha vez máis, Azu. Pódesnos dicir de que casa foi José García? Pode ser da do Louro?

Grazas polos datos, Azu. Actualizamos a descrición

Subiuse unha nova foto 2012-05-21 13:20:11

Na lista de concellos establecidos dacordo co soberano decreto de 23 de xullo de 1835 figuran Riotorto e A Órrea. O concello da Órrea estaba formado pola parroquia da Órrea, Santa Comba, da que logo se separaría Galegos. E o de Riotorto polas de Aldurfe, Ferreiravella, Meilán, A Muxueira e Riotorto (da que logo se separaría como anexo Espasande de Baixo). Estes concellos de 1835 de Riotorto e A Órrea tiveron unha vixencia de cinco anos. En 1840 xa aparece só o de Riotorto englobando tamén o territorio do antigo concello da Órrea.

Un dos seus primeiros alcaldes foi Antonio Méndez Teijeiro y Montenegro. O documento que presentamos corresponde a unha licencia de armas outorgada polo alcalde a favor de Ramón López, veciño da Muxueira, labrego e membro da Milicia nacional na compañía de cazadores. Antonio Méndez Teijeiro y Montenegro construiu en 1840 a que hoxe é a casa de Elías, tamén coñecida como pazo de Méndez, segundo testemuña unha inscrición que hai na propia casa

Subiuse unha nova foto 2012-05-15 12:45:00

Imaxe da igrexa vella de Santa Marta de Meilán. A mediados de século foi substituída pola actual, na mesma localización. Estoutra fotografía pertence a unha voda celebrada no antigo templo.

Subiuse unha nova foto 2012-05-10 12:30:16

O bar Felmar, rexentado por Félix e María, foi unha das referencias na hostelería das Rodrigas durante varias décadas: bar, casa de comidas, pousada... formaban parte da súa oferta. Na fotografía aparece un grupo de amigos durante as festas, entre outros Fontes, Pepe de Elías, Segis, O Sidro, Luis de Ricardo e a súa irmá Alicia. De costas, e detrás da barra, pódese ver a María

Subiuse unha nova foto 2012-04-22 22:52:39

O 31 de agosto de 1932, día de San Ramón Nonato, patrón da parroquia, foi fotografada Mercedes Portela García, muller de Fernando Valle Costa -o segundo apelido deste era tamén o apodo da casa-, cos seus fillos Antonio -que tocou na banda de Riotorto-, Josefa -que casou con Manuel Legaspi, o Zapateiro das Rodrigas-, Felisa, María Elisa e Alicia, na aira da súa casa, na que estaba unha das tabernas que había en Santa Marta. Mercedes era natural de Sa, na parroquia de Baltar, concello da Pastoriza