Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 14 de 71 | Anterior1 ...9101112131415161718... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2011-11-17 19:17:14

Na imaxe aparece José Luis de Carrao, que mantivo aberta a fábrica familiar de gasosas e sifóns "La Glacial" nas Rodrigas, desde 1960 ata 2002. «Primeiro viñan as segas e as mallas máis adiante, e ían as familias enteiras, as pandillas... Moito viño con gasosa se bebía!», lembra. "La Glacial" fíxose sempre con auga de manancial, porque nas Rodrigas non había traída; sen auga, non hai gasosa. As botellas de "La Glacial" levaban escrita a orde ministerial do 5 de marzo de 1963 que prohibía «terminantemente» a práctica do «rellenado por otras fábricas» distintas á titulada. O reparto polas Rodrigas era con tracción humana, nunha carretilla de dúas rodas. Para achegarse ás parroquias houbo, ao principio, un utilitario Buick de 1928, o cal se pode ver na fotografía e que comprara un tío do de Carrao e que foi ‘tuneado’ cun remolque militar para repartir. «A plataforma de carga era moi pequena» e o Buick, que aínda descansa nunha nave, foi substituido en 1964 por un camión Ebro, pintado en vermello

Subiuse unha nova foto 2011-11-11 18:20:04

Consuelo Fernández Couso no reclinatorio, o día das Flores de María. Ese día, que se celebraba no mes de maio, as nenas recitábanlle versos á Virxe

Subiuse unha nova foto 2011-11-04 18:26:26

A madeira foi históricamente unha das principais fontes de riqueza do noso pobo; a proliferación de serradoiros así o testemuña. Na foto aparece o do Tombo, propiedade de Wenceslao Besteiro. Neste serradoiro traballaron Toño do Rego, Horacio, Félix e outros moitos veciños

Subiuse unha nova foto 2011-11-02 14:08:53

O 20 de decembro a Irmandade Galega agasallou a Avelino Díaz, o poeta da Órrea, cunha cea homenaxe no Hotel Marconi, para premiar o seu labor patriótico e galeguista. Concorreu a ela "o máis representativo da nosa coleitividade, que dese xeito testimoñou o aprezo que sinte pol-o vello loitador agasallado". Neste acto participou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao facendo un brillante eloxio do homenaxeado. Avelino quedará eternamente agradecido a Castelao polas palabras ditas en honor seu. Foi este o recoñecemento máis importante que recibiu Avelino en vida

Subiuse unha nova foto 2011-10-28 18:13:28

Nos anos sesenta xa se xogaba ó fútbol no campo da Veiga. Na foto pódese ver, ó fondo, o chalé dos Ferrerí

A que está despois de Martina e Asuncion de Villaboa que vivia na recta da Veiga, despois de Irene está Aurora de Villaboa de Valverde, despois de Merche parece Visita do Mazo, despois de Pilar de Chacin,Elvira de Bermúdez.,despois de Anita de Treitas (da recta) Cándida de Carboeiro

Subiuse unha nova foto 2011-10-21 18:50:30

Competición atlética patrocinada polo "Frente de Juventudes", organización xuvenil falanxista creada en 1940, e que nos anos cincuenta dirixía en Riotorto o mestre don Antonio. O "Frente de Juventudes" era unha sección da "Falange Española Tradicionalista y de las JONS", único partido legal durante o franquismo, e tiña como obxectivo proporcionar ós mozos unha educación política, física e deportiva, cultural, moral, social e relixiosa acorde co pensamento do réxime franquista. Na foto aparecen Pepe do Rivas, Tasio de Fontes, Manolo de Bouza e o Cueiro, entre outros

Subiuse unha nova foto 2011-10-20 19:15:30

A casa de Pizca conservaba na parte superior da fachada un escudo do século XVIII, dividido en tres cuarteis: no superior podíase apreciar o "M" da familia Montenegro, e nos inferiores, o da esquerda estaba subdividido con cinco flores de lis enriba e un león embaixo, e o da dereita presentaba un castelo dunha soa porta, dúas ventás e tres ameas. Aínda que a casa foi derrubada fai uns anos, o escudo conservouse, pasando a ser propiedade dun particular. Á esquerda vemos a placa co nome que daquela tiña a praza: "Plaza de José Antonio Primo de Rivera", co emblema falanxista do xugo e as frechas.
A fotografía corresponde a unha procesión do San Cristovo do ano 1963. O Bar América, nos baixos da casa, rexentábao daquela Daniel de Borrajo

¡Gracias Isolina por conservar tan bonitos recuerdos! Después de 46 años lejos de Riotorto, y aunque no ha sido el mejor momento en la historia de mi vida, si que es muy agradable recordar estas fotografías. ¡No quiero olvidar nunca de donde vengo! ¡Me siento orgulloso de mis raíces humildes y sencillas!. Esa foto es de la década de los 60, por que yo nací a mediados del año 1.949. !Yo tambien conservo esa foto!

Tania fixo un novo comentario 2011-10-17 17:33:56

Segundo a miña nai, Digna de Gonzalo de Mundín, se a rapaza non é Alicia de David, é algunha das súas irmás.