Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 52 de 71 | Anterior1 ...47484950515253545556... 71Seguinte

o porteiro e SEBO de santa marta.

Podes consultar outra imaxe do mesmo día na zona de imaxes relacionadas xusto encima dos comentarios na páxina da foto.

Goretti fixo un novo comentario 2009-11-28 11:37:18

Oh!! eu nunca vira esta foto nin me acordaba de tal excursión, somos os do ano 1979, ainda que aparece algún que non é do ano.Fila de arriba e de esquerda a dereita: Pepe Bouso, Mª José Basanta, ( o de espaldas, supoño que será Iván Trabadelo que é o único que falta),Óscar García, Javier, Manolo Lorido,Emma Aenlle, Ramón Glez Chavarría. Abaixo: Mercedes Fernández Moiron, Luis Rancaño,Matilde, Goretti Gavín, Verónica Rguez Gavín, Felicitas (ela non é do noso ano),Mónica Murado, Sonia Otero, Juan Antonio Bouso e Nines Martinez

Subiuse unha nova foto 2009-11-27 17:13:54

No curso escolar 1985-1986 os nenos do colexio público de Riotorto do 1º e 2º nivel da desaparecida Educación Xeral Básica (E.X.B.) foron de excursión á cidade de Lugo. Nas fotos aparece a mestra Maruja cos nenos na estación do tren e nunha instalación deportiva da cidade

Subiuse unha nova foto 2009-11-25 18:54:43

O bar de Pizca, a taberna da Pucheira, o bar de Nuca e a casa de Visita (tenda e máis casa de comidas), son testemuño do dinamismo comercial na Praza das Rodrigas nos anos sesenta. En primeiro plano aparecen subidos á moto outros dous comerciantes: José Luis de Carrao, dono da fábrica de gaseosas La Glacial e máis José de David, cun negocio de tecidos tamén na praza

Subiuse unha nova foto 2009-11-24 18:54:12

Segunda de Murias, Manuela de Mundín, o Mañego, Isolina do Frasio, José de Mundín, Horacio do Curral, Balbino do Barbeiro do Hortovello e Ricardo de Gonzalo de Mundín, descansando nunha sega do trigo no Cazcallar, preto do Caboxo

Subiuse unha nova foto 2009-11-22 22:12:54

Dolores de Candaede e Julio de Varela da Aguarda celebraron a voda na igrexa vella de Santa Marta de Meilán. Esta igrexa foi substituída anos máis tarde pola que hoxe coñecemos. A foto está sacada nun pequeno souto que habia a carón do templo. O cura que oficiou a cerimonia foi José Rivas, da casa do Roxo de Ferreiravella. O resto das persoas son de Espasande de Riba e da Aguarda. Na primeira escaleira e pola esquerda, en terceira posición, aparece Hortensia de Firmo de Espasande de Riba e a continuación Irene de Xuana (nai de Marité de Valverde), Pura de Firmo (nai de Azucena de Cachán da Veiga), María de Ánxel (nai de Xilo, Jorge, Luciano, Horacio...), Baselisa do Sabelo e a súa irmá Claudina da Aldea. Xunto a elas están Gerardo de Varela, Pedro de Candaede (pai de Agustín) e na esquina Emeterio de Varela. Arriba de todo, diante da árbore, con muletas, está José de Xuana (o pai de Abelardo e Irene). O neno é Toño do Vello

as baguas foronme caendo mentres iba adiviñando quen eran os nenos dos meus recordos. O neno que está arrimado a parede e Jorge de Herminio e o neno que está xunto a Berta non será Agustin de Candaede. FELICIDADES.

Subiuse unha nova foto 2009-11-20 12:33:57

María e Daniel de Borrajo montaban nas festas a súa taberna ambulante. Nesta imaxe aparecen posiblemente na festa de Chacín, aló polos anos cincuenta

Eloi fixo un novo comentario 2009-11-19 15:36:56

Grazas, Eva. Debe ser el, sae noutra foto da época. Engado a información que teño eu: A temporada 1978-79 foi a primeira do Riotorto CF como equipo federado. Competiu no grupo VII de Segunda Rexional, quedando último nun grupo de 12 equipos. Os seus rivais foron, por orde de clasificación: Foz (ascendeu), Rábade, Santaballés, Racing Villalbés, Mindoniense, Lugo Atlético, Guitiriz, Burela, Becerreá, Valle de Oro (Valadouro) e Cillero (Celeiro). Na seguinte temporada xogou tamén en segunda, e na 80-81 acadou o ascenso á Primeira Rexional (hoxe Primeira Autonómica), categoría na que seguiu militando ininterrompidamente ata o día de hoxe.