Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 60 de 71 | Anterior1 ...55565758596061626364... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2009-10-03 23:06:38

Obxectos cedidos pola familia de Teodoro de Chacín co gallo da presentación do arquivo fotográfico riotortonotempo. Estas imaxes foron creadas polo fotógrafo Fernando Cerecedo, riotortense afincado na actualidade en Santander

Goretti fixo un novo comentario 2009-10-03 18:47:02

De esquerda a dereita: Fidelina, Jose Manuel, Genoveva, Suso de Valverde, Pilar (de Rececende),Matilde do Sepe, Matilde (de Rececende), Mari Carmen (muller de Quico do Garrido), Valeco, Brais ( lles parece que é, eu non o coñezo), este señor é de Rececende (non sabemos o nome), Antuxo e Hasan

Subiuse unha nova foto 2009-10-03 14:59:37

Riotorto contou desde finais dos anos 70 con piscinas públicas. Na foto podemos ver ás autoridades locais e provinciais o día da inauguración sendo alcalde Francisco Hernández Macarro

Podes decirnos quen son todos?. Reconocemos algun pero non todos

Goretti fixo un novo comentario 2009-10-02 11:12:57

que gracia!!! eu non recordo ben xa esto, teño unha lixeira idea da fábrica pero moi lonxana...e reconozcos a todos!!!

Subiuse unha nova foto 2009-10-01 21:08:08

A máis importante empresa leiteira galega na actualidade tivo a súa orixe no noso pobo por iniciativa da familia dos Sepes. Traballadores da leitería da Veiga fotografáronse diante das instalacións da fábrica, de esquerda a dereita: Fidelina, José Manuel, Genoveva, Suso de Valverde, Pilar de Rececende, Matilde do Sepe, Teresa de Rececende, Mari Carmen (muller de Quico do Garrido), Valeco, Brais, Randa, Antuxo e Ghassan

fede fixo un novo comentario 2009-09-30 15:28:13

Lembro este día. Medíunos D. Luís Cerecedo, médico municipal que tomou nota das nosas alegacións, cousa que fixemos acordado previamentea co fin de poder xuntarnos outra día en Lugo diante do tribunal militar: pés planos, enfermedades... Despóis fomos á feira da Ponte comprar o galo para regalarlle á corporación na comida que ofrecían tradicinalmente ós quintos. Tomamos os viños, comemos en casa de Visita, seguimos bebendo e fomos ao fútbol ó Chao da Cruz ver ó Riotorto: continuaba a festa... Esta foto foi feita por Pepe de García, membro da corporación naqueles intres. Meses despois vólvemos a xuntarnos en Lugo diante do tribunal militar para resolver as alegacións presentadas: outro día de festa. Epílogo: algúns de nós (non sei cantos) non fixemos a mili: excedentes de cupo, prórrogas de estudos e obxetores de conciencia...

Oscar fixo un novo comentario 2009-09-29 00:20:50

Crabuñando as gadañas!!!

Subiuse unha nova foto 2009-09-28 19:27:05

Durante o século XX o servizo militar no exército español foi obrigatorio para todos os mozos. A medición dos quintos era o primeiro trámite antes da incorporación a filas. Os quintos do ano 1982 retratáronse diante do Concello, antes da tradicional comida na casa de Visita

Subiuse unha nova foto 2009-09-28 19:08:41

Un grupo de veciños de Galegos crabuñan as gadañas no tempo da herba seca