Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 57 de 71 | Anterior1 ...52535455565758596061... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2009-10-23 17:17:47

Antes de que se fixera a traída ata as casas, ir buscar auga era unha labor rutinaria que facían sobre todo as mulleres. Marité de Visita, Rosi Rivas e Marisa de Nuca, na Pértega, levando un bocoi de auga para a casa de Visita

Subiuse unha nova foto 2009-10-22 18:15:14

Obxectos cedidos por Manuel Villada co gallo da presentación do arquivo fotográfico riotortonotempo. Estas imaxes foron creadas polo fotógrafo Fernando Cerecedo, riotortense afincado na actualidade en Santander

Subiuse unha nova foto 2009-10-22 18:02:52

Cámaras cedidas por Angel Iglesia co gallo da presentación do arquivo fotográfico riotortonotempo. Estas imaxes foron creadas polo fotógrafo Fernando Cerecedo, riotortense afincado na actualidade en Santander

Grazas Xusto. Procedemos a incorporar ese dato a descripción

Subiuse unha nova foto 2009-10-21 20:53:16

Retrato de Eugenio Bermúdez Leivas e a súa dona Concha. Eugenio foi un dos represaliados en Riotorto pola franquismo. Xunto ó seu irmán Antón -alcalde de Riotorto por Izquierda Republicana- foi xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Eugenio saíu do cárcere en 1940 e Antonio un ano despois. Concha era da casa de Cosme das Rodrigas, nesa casa viviron despois os de Pizca

Eloi fixo un novo comentario 2009-10-20 19:40:13

Completamos a descrición da foto coa nova información de que dispoñemos

Penso que o que segue a Inocente é meu pai, José Mª Moirón; séguelle Toño de Murias e descoñezo o seguinte

Eloi fixo un novo comentario 2009-10-20 16:02:13

Grazas pola información, Juan Carlos. Si, penso que tes razón. De feito, Tito sae en dúas fotos máis: http://www.riotortonotempo.org/categoria/?buscar=%22tito+de+carboeiro%22 Nunha non estamos seguros de que sexa el, pero é moi probable

Eloi, penso que o que dis que é o Cueiro de Rececende (3º pola dereita sentado) non o é, senón Tito de Carboeiro q.e.p.d. Dase a curiosidade de que o que tí dís é meu tio por parte de nai e o que en realidade é, tamén tio meu por parte de pai; máis entre eles dous nada de consanguinidade.

Subiuse unha nova foto 2009-10-19 18:15:29

A casa de Moirón, en Cachán, foi o berce da familia materna de Álvaro Patricio Cunqueiro Mora. O escritor mindoniense era fillo de Josefa Mor Moirón, e neto de Manuel Mor Bermúdez (de Espasande de Riba) e Carmen Moirón Agüera; o seu bisavó, Manuel Moirón, foi notario de Riotorto. Parece ser que o segundo apelido de Cunqueiro cambiáronllo por erro no servizo militar, pasando de "Mor" a "Mora". A foto corresponde a unha das numerosas visitas que fixo Cunqueiro á casa de Moirón, e nela aparecen: Francisco Fernández del Riego (de Vilanova de Lourenzá, académico e escritor, presidente da Real Academia Galega entre 1997 e 2001), José María Moirón (curmán de Álvaro Cunqueiro), Álvaro Cunqueiro (académico, escritor e xornalista) e César Antonio Molina (cónsul de Uruguai na Coruña e pai do ex-ministro de Cultura do mesmo nome)