Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 21 de 71 | Anterior1 ...16171819202122232425... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2011-05-13 17:52:34

Manuela de Carlos e Toño de Murias na praia, nunha foto dos anos vinte. Manuela traballou toda a vida de costureira e, como era costume no oficio, desprazábase polas casas, así coseu na casa de Visita, na de Muíña e na de Bermúdez, entre outras. Era unha muller elegante que gustaba de vestir ben, como se aprecia na imaxe

Subiuse unha nova foto 2011-05-11 18:18:04

Xunto coa bendición dos vehículos, o concurso de carrozas era un dos grandes atractivos das festas do San Cristovo. Na fotografía aparece Óscar Villada caracterizado de persoal sanitario, participando nunha carroza que simulaba unha ambulancia

Subiuse unha nova foto 2011-05-09 15:33:18

Na súa viaxe a Galiza no ano 1933, o etnógrafo alemán Walter Ebeling visitou o concello de Riotorto e fixo, entre outras, esta fotografía da casa e o cabozo do Rodeiro do Pedregal, en Espasande de Baixo. Esta casa, que hoxe xa non existe, estaba situada no lugar que actualmente ocupa a fábrica de Mobles Vidal. A fotografía está feita desde o lado do rego, que era a onde daba a fachada principal da casa, e por onde pasaba o antigo camiño real que comunicaba Riotorto e Meira

Subiuse unha nova foto 2011-05-04 21:41:01

Galiza foi un dos países que máis emigrantes aportou á emigración transoceánica dos séculos XIX e XX. A maioría dos emigrantes galegos dirixíronse á Arxentina e a Cuba. Entre 1899 e 1960 chegaron a Cuba uns 378.000 inmigrantes procedentes de Galiza. Os maiores continxentes chegaron no primeiro terzo do século pasado, debido á atracción que supuñan os numerosos postos de traballo arredor da cana de azucre. A partir de 1921, iníciase unha emigración que conseguía traballo nos negocios que controlaban xa os seus familiares e veciños na illa: comercio de víveres, pesca, hostalería, tintorerías ou cultivo e tostado do café, como se pode comprobar na fotografía de "La Principal: Panadería y Tostadero de Café José Vilar y Ca", feita por Luis R. Darraido en Caibarién, localidade onde existía unha importante colonia de emigrantes de Riotorto.
Logo da crise económica mundial de 1929 pararon os grandes fluxos migratorios, retornando moitos galegos a causa do paro producido pola crise e pola Lei de Nacionalización do Traballo de 1933. Con todo, a partir de 1946, unha vez restablecida a paz mundial e a economía cubana, reactívanse as correntes migratorias galegas cara á illa, ata que o triunfo da Revolución de 1959 acabe por extinguilas

Subiuse unha nova foto 2011-05-02 14:48:32

Nas festas de Riotorto era costume subir de merenda ata o castro da Croa. Nesta imaxe aparecen na primeira fila, de esquerda a dereita: José María Moirón, don Manuel Rey Busto (o médico do pobo), e dona Generosa (a súa muller). Na segunda fila: Alicia de Carballeira, Aurora Moirón, Manuela de Carlos (entre Moirón e don Manuel). Na terceira: Pedro de Lodos de Santa Comba (que entón vivía coa súa irmá na casa de Pepe das Veigas), Carmiña Moirón (do Mazo de Riotorto), Pilar Moirón, Lucita (de Meira), Visita de Cándido (tamén do Mazo), Marité de Vega, Ramón Rego Lodos, ? e Xusto Moirón. Por detrás aparecen: ?, Aliciña do Caldeireiro, Mari (filla de Alicia de Carballeira), Cheno do Mañego, Eduardo Fernández e Carlitos, de Meira

Subiuse unha nova foto 2011-04-29 12:23:52

Nenos de Espasande de Baixo e Lorigados, despois da escola, coa mestra no centro. Aparecen, entre outros: Manolo de Viñavella (diante de todo á dereita), Ofelia de Ceferino (ó seu carón), Marisé e Toñito de Outeiro (diante de Ofelia), Josefa do Louro, Catalina, Lucila de Viñavella, e Mercedes e Eva de Bastián

Subiuse unha nova foto 2011-04-28 22:20:06

Mozos subidos ó campanario da igrexa de Riotorto. Entre eles atópase Benedicto de Nuca

Subiuse unha nova foto 2011-04-24 20:08:44

Retrato para postal de Manuela de Carlos, costureira e célebre muller que Álvaro Cunqueiro nomeou e inmortalizou no seu libro "Merlín e Familia". Manueliña de Calros era a dona de Felipe de Amancia, paxe ó servizo de don Merlín

Lulyta fixo un novo comentario 2011-04-19 23:54:38

Bueno despois de tantos anos volvemos a recordar esos tempos e esas cariñas que pensando ben non cambiamos tanto jaja, Vamos a intentalo rapaces hay que volver a verse e coa axuda de todos vos vamosa facelo.Témos que reunirnos ainda que nos leve tempo, pero unha axudiña non viría mal. Intentádeo é poñedevos en contacto. Un saudo a todos.

Subiuse unha nova foto 2011-04-17 17:10:22

Os de García de Espasande de Baixo: Pepe, Josefa, Maruja, Josefa de Federico, Hortensia e Modesto, cos ramos de loureiro, o domingo da bendición na Ermida