Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 19 de 71 | Anterior1 ...14151617181920212223... 71Seguinte

Aclaro que as comunións da foto foron o día 5 de xuño do 1968 na igresxa de Riotorto, é de esquerda a dereita: Pepín de Ceferino, Luis do Caneiro, Pepe do Navallo, Moisés do Louro, Mando do Carrancho, Toño do Mazo, Pedro de Abadín, Inocente da Carniceria, Florinda de Manuel do Farrampo, Hermelina da Avilasia e Marité de Eugenio.

Subiuse unha nova foto 2011-06-08 17:56:09

César de Gloria de Darío, Jano e Manolo de Carboeiro, Rubén de San Pedro e Toño de Pepe do Rego fotografáronse o día da festa do San Pedro subidos á Cruz dos Caídos. Este monumento franquista fora trasladado anos antes desde a praza das Rodrigas (coincidindo coa súa remodelación) ata a súa última ubicación, a carón da igrexa, de onde foi retirado definitivamente

Subiuse unha nova foto 2011-06-08 12:59:56

De esquerda a dereita aparecen Pepe e Amandino do Lelo e Federico do Gas o día de San Cristovo a carón da Igrexa de Riotorto

Grazas María José. Unha vez máis detrás dunha fotografía escóndese toda unha historia. Pasamos a correxir/ampliar a descrición

Nesta foto tiña unhos trinta anos. Miña aboa sempre nos contaba que, sendo ela muy pequena con súa mai en Cuba, seu pai, sufrira por un tempo, unha enfermedade reumatolóxica e pasaba tempo nun balneario de Foz mentras ela era atendida por unha aboa e unha tía. Nunha desas estancias en Foz, Herminio Rivas, fixo esta foto para enviarlla á miña bisaboa...

Este retrato corresponde ó meu bisabuelo, pai da miña avoa María Cecilia Rivas. Non era veciño de Soutelo senón de Lorigados. Nacera nunha aldea chamada Escanlar de Villameá (Pontenova). Miña nai dime que o lugar da foto non é descoñecido porque foi sacada nun estudio de Foz co motivo de que enviarlla á súa muller Josefa Fernández (miña bisaboa) que por aqueles anos era emigrante en Cuba.

Subiuse unha nova foto 2011-06-03 18:38:20

Na igrexa de Riotorto, o 5 de xuño de 1969, podemos ver de esquerda a dereita a: Pepín de Ceferino, Luis do Caneiro, Pepe do Navallo, Moisés do Louro, Mando do Carrancho, Toño do Mazo, Pedro de Abadín, Inocente da Carniceria, Florinda de Manuel do Farrampo, Hermelina de Evilasia e Marité de Eugenio. Oficiaron a cerimonia don Hernán Villarino Leivas, cura das parroquias de Santa Marta de Meilán e A Muxueira, e don Vicente Rodríguez Fernández, cura de Riotorto e Espasande de Baixo

Subiuse unha nova foto 2011-05-31 18:51:16

Josefa Vila Lugilde, “A Púcara” ou “A Pucheira”, foi e é coñecida polos servizos que prestou a toda a xente de Riotorto, era como un “comercial” dos de agora, unha “mandadeira”, facía e recibía encargos que ela cumpría como mellor sabía, dicía que era a súa obriga. Ía a Mondoñedo andando, moitas veces soa, unha vez á semana, camiñaba os 46 quilómetros de ida e volta que había entre Riotorto e a cidade episcopal, acompañada tan só de dúas bestas.

Os xoves, o día dos mercados, ía camiño de Mondoñedo cargada de cartas para o escribente, a roupa dos seminaristas, o diñeiro para o pago das rendas ou dalgunha letra. Dende o Campo do Oso e non lonxe da Fraga do Rei, onde habitaban os lobos, xabariles e outros animais que tantos sustos lle levan pegado, descendía por Lindín e pola calzada romana ata chegar á ponte do Pasatempo, para logo atravesar a rúa de San Roque. Contaba que algunha vez no alto, camiño de Mondoñedo, saiulle o lobo, pero ela non sentía medo, poñíase a cantar e o lobo non lle facía nada.

Co paso do tempo, parou de ir andando e comezou a ir no autobús de Bastián, e dende que o seu fillo José tivo coche acompañábaa.

Na foto aparece o día da homenaxe que se lle tributou e no que Wenceslao Besteiro Fórneas, daquela alcalde de Riotorto lle impuxo a Medalla ao Mérito no Traballo. Aparecen tamén na foto Francisco Hernández Macarro, o Veterinario (que logo sería alcalde substituíndo a Wenceslao) e máis o neno Luis Iglesia Besteiro (Luis de Ángel)

Eloi fixo un novo comentario 2011-05-29 23:37:56

Grazas pola información, Armando. Non tiña constancia de que houbera taberna en Santalla

En Santalla houbo a taberna de Fiallega, na que tamén había baile. Rexentábana meus pais, José Antonio Fiallega Fiallega e Rosa Alonso Álvarez. Estivo funcionando entre os primeiros anos 50 e principios dos 60, cando decidiron marchar para Foz.