Riotorto no tempo

Actividade recente

706 rexistros | Páxina 20 de 71 | Anterior1 ...15161718192021222324... 71Seguinte
Subiuse unha nova foto 2011-05-27 11:04:46

Os monumentos funerarios representan unha das pegadas arquitectónicas máis importantes que deixaron en Cuba os emigrantes galegos. En 1868 construiuse o cemiterio de San Antonio el Chiquito, que posteriormente foi ampliado e se transformou na necrópole de Colón.
As comunidades de inmigrantes de diferentes procedencias erixiron nel os seus panteóns. O panteón foi a tipoloxía arquitectónica que predominou nos monumentos erixidos polas sociedades de emigrados. A sociedade Emigrados de Riotorto empezou a ofrecer este servizo ós seus asociados a principios do século XX.
Por norma xeral, os socios de número e os de novo ingreso, despois dun ano continuo de permanencia como asociado, tiñan dereito a ser enterrados no panteón social. Ademais, incluíanse as viúvas e fillos menores de dezaoito anos dos asociados de número, mentres conservaran ese estado e abonaran a cota mensual superior, que variaba segundo a época. En casos excepcionais e por autorización do presidente da sociedade, podíase conceder o uso deste espazo a inmigrantes doutra procedencia

Tes algunha foto desa tempada? Se a tes podela enviala riotortonotempo@gmail.com e publicamola. Grazas

Alegrámonos que difrutes con esta páxina. Quén eran os teus avós?

Subiuse unha nova foto 2011-05-25 17:20:12

O etnógrafo alemán Walter Ebeling describiu así esta foto, feita probablemente en 1933: "As Rodrigas, preto de Riotorto. Barras para secar o millo e alboio para gardar o carro". Ebeling estudaba a dialectoloxía dos lugares polos que pasaba, así que é probable que a palabra "alboio" (que significa "alpendre no que se gardan o carro, instrumentos de labranza, herba, etc., e se fan labores ao abrigo da intemperie") se usara naquela época en Riotorto. A nena que aparece na foto, de vivir hoxe, tería uns 80 anos.

Fernanda fixo un novo comentario 2011-05-25 00:26:52

Lo llevaré guardado en mi corazón.Gracias por permitirme compartir con uds.la tierra de mis abuelitos

Subiuse unha nova foto 2011-05-23 14:39:33

Riotorto foi desde sempre terra de boas árbores froiteiras. Testemuña desto é o artigo aparecido no ano 1941 no xornal "El Compostelano", asinado polo cronista de Mondoñedo Eduardo Lence-Santar, no que comenta:

"Pro en poucas partes do mundo s'atoparán peras pr'a compota, como as de péparo, de Riotorto. ¡Ai as peras de péparo! ¡Mau! Cocidas a modiño, de peladas, con viño branco ou mouro, con azucre d'o mouro e canela, ¡así Dios me salve si hai cousa n-o mundo que millor sepa!

¡Non, ni o mêl sabe coma elas!

Contan que Bermúdez de Riotorto, finado fai xa anos, pagaba pol-a Noitebra tres pratos d'os fondos, de Sargadelos, cheos de compota d'as peras de péparo; e din que, despois de papalos, decía: "Si soupera que me prestaban, ainda papaba outros tres" ¡Dios teña n-o Ceyo a meu abó, que prantou as pereiras!"

yo jugue en el Riotorto C. F. en la temporada 80-81 con Xabarda d e entrenador - jugador, ademas de los de lugo habia jugadores de mondoñedo, si alguien tiene fotos de esa temporada que las ponga. gracias

Emma fixo un novo comentario 2011-05-20 19:32:27

Agradezo esta toma pois na casa non sabíamos dela. Fermosa.

Subiuse unha nova foto 2011-05-20 18:28:21

Na imaxe aparece no pazo de Cachán o insigne escritor Álvaro Cunqueiro xunto a Aurora e Pilar de Moirón, parte da súa familia de Riotorto. Nesta casa inspirouse Cunqueiro para ambientar a pousada de don Merlín na súa primeira novela: "Merlín e familia". Conta o personaxe-narrador desta novela, Felipe de Amancia: "Sempre me lembrarei da cerca da eira, de loureiro román, tan paxareiro, na que tantas niñadas velei, e da figueira ramona, tan viciosa, ao pé da casa, onde ao palleiro grande. Miranda era a pousada de don Merlín". Hoxe pódese visitar a "figueira ramona" no paseo fluvial de Riotorto, no lugar do Mazo, plantada alí na homenaxe que o pobo de Riotorto lle tributou a Álvaro Cunqueiro o 9 de abril de 2011

Subiuse unha nova foto 2011-05-18 13:32:14

A Pucheira tiña a súa tenda nas Rodrigas, primeiro estivo situada na casa de dona Josefa de Murias, onde os días de mercado no pobo, sacaba á venda os cacharros que mercaba en Mondoñedo (os púcaros e os pucheiros, de aí o seu apodo) e logo trasladouse ao lado do antigo e desaparecido bar do Visito, entre este e a casa de Nuca, alí tiña a súa taberna, na que os veciños conversaban con ela e botaban unhas risas e onde tamén vendía, entre outras moitas cousas, queixos, froita, verdura e os tan coñecidos "canastrillos". Na imaxe aparece sentada e acompañada do seu home Manuel (natural de Lorigados e afiador para o Frasio na moa que tiña na Veiga), e de pé os seus fillos María e José, a súa nora Lula e Primo de Rigueiro